Escaso par de horas

Domingo, mediodía. O pracenteiro aroma a verdadeiro aire fresco do resto do ano neste inmenso parque vese hoxe substituído polo forte cheiro ao carburante queimado e aos pneumáticos quentes. O melódico cantar de a saberes cantas clases distintas de paxaros está hoxe ensordecido polo atronador ruido de potentes máquinas ultimísima tecnoloxía. As inquisitivas miradas que outrora contemplarían estes rañaceos vexetais fixan hoxe o seu obxectivo na suposta estética de estranos cacharros catro rodas.

Domingo, madrugada. Uxío, inda medio durmido, acende o aparato televisor ao tempo que abre a boca dende o chan ata o teito. Un café, un bostezo máis e un escaso par de horas de pelexa contra o sono.
Fronte del un simple tubo catódico convertido nunha enorme fábrica de sonos, no gurú das súas ambicións. Nos seus ollos un mundo idílico, representado como máximos exponentes en personaxes novos, rodeados dunha morea de cartos, inmersos nunha vida do máis adrenalítica e cunhas mozas fermosas.
Uxío é licenciado en dereito, espera ver respostado algún currículum canto antes. Leva anos coa moza, xa lle ronda a idea da voda pola cabeza. Pero realmente, inda que non sexa consciente delo, o seu verdadeiro soño e ve-lo seu rostro difundido algún día por esas mesmas ondas hertzianas. Ese aparatiño do que Uxío cre te-lo control, non so lle acaba de dicta-las súas expectativas. Ademáis fíxolle crer que o soño é posíbel. Ser un dos máximos exponentes anteriormente mencionados parece un camiño moi longo, polo que hai que recurta-lo. Simplemente introducindo un elemento intermedio. Non ten tantos cartos coma os máximos exponentes, doblaos en idade e non ten moza. Incluso e baixiño, feo, calvo e con trazas de ser un pouco tarugo. Uxío soña con ser Fernando Alonso, mais conformaríase con ser coma Antonio Lobato.

Luns, de mañá ben cedo. Uxío, inda medio durmido, frota ben seus ollos: necesitaraos ter ben abertos pra poder acaba-la xornada laboral de hoxe. Ao mesmo tempo, nun descoñecido lugar, alguén se frota ben as maos: necesitará telas ben quentes pra contar lixeiriño todo ese feixe de billetes que lle viu parar ao peto. Niso, nun escaso par de horas.

0 comentarios:

Comentarios