Unha copa máis


Abrirse paso entre o tumulto. Logralo, con gran traballo, pra darse conta de que un maior e máis correoso tumulto pecha, por diante, o camiño deica o destino. Eterno par de minutos de espera. Ocupa-lo oco dispoñible. Tomar esa postura tan característica, innata, a que ninguén se atreveu a cambiar. Levanta-la vista hacia ela. Precioso vehículo ata o obxectivo, froitos prohibidos pendendo da árbore do desexo, felicidade soñada. Longas noites de pracer que xamáis chegarán pero… ¡aihhh se chegaran! Glorioso par de minutos de espera. Xa toca. A mirada no mesmo punto dende fai un anaco, a imaxinación en cualquera motel das aforas e a mesma frase de sempre: -Un whisky con cola, por favor. A vista proporciona o primeiro e máis rico grolo. A copa está servida.
O vaso nunha man, o pitillo na outra, aquel escote no recordo, un pe a un metro do outro, o ritmo esquecido na casa, algunha tontería na boca, algunha nube na cabeza e esa morena na mirada.
Grolo a grolo vaise consumindo unha felicidade temporal, ás veces necesaria, ás veces única. Momentos polos que, acertadamente ou non, crese oportuno pagar. Cúmulo de sensacións que vagamente intentan encher un vacío de sentimentos. Licor venenoso convertido no elixir da vida eterna. Cal alpinista, o cumio vese cada vez máis preto. Cal paracaidista, o siguinte á subida é a caída.

Technorati Tags:

0 comentarios:

Comentarios